Neste apartado imos deitar recursos e consellos para emitir e consumir directos en Twitch. [sección en continua mellora]
Para emitir
Para emitir precisas de un programa onde xestionar as fontes e materiais multimedia que emites, as principais opcións son:
- OBS – Software libre a gratuíto dispoñible para Windows, Linux e Mac, con todas as opcións que poidas precisar.
- Streamlabs OBS – Baseado en OBS este programa permite facer todo o que o primeiro dunha forma máis sinxela pero tamén con menos opcións para quen xa sabe o que fai.
- Twitch Studio – É a opción máis sinxela para quen só quere empezar a emitir sen complicacións.
Se é a túa primeira vez con OBS ou Streamlabs recomendámosche estos dous vídeos da canle Recuncho Gamer onde explica como configuralos e como preparar as escenas para facer o voso primeiro directo.
E se o que queres é facer algo en grupo sen complicacións a nosa opcións é Streamyard, podes velo funcionando nos nosos directos.
Bots para o chat
Twitch permite integrar no chat bots que nos axuden durante os nosos directos, lembrando detalles, mostrando información, creando avisos cando alguén nos segue ou simplemente mantendo a conversa do chat limpa, estes son os máis coñecidos:
Música e sons libres
Aquí podedes atopar algúns recursos libres, ou case, que podedes empregar para o voso directo. Ollo sempre as licenzas*. Se permiten só o uso non lucrativo non deberiades empregalas se sodes afiliados.
- Cousxs tivo a ben crear estos temas Lo-Fi para todas aquelas persoas que crean contidos na nosa lingua. Non deixedes de atribuír e pasar polo seu Twitter se che gusta o que oes.
- FreeSound – recursos sonoros, efectos, gravacións de campo, etc. Muitas con licenzas CC-0.
- CCMixter – músicas instrumentales, para bandas sonoras, etc. Licenzas CC-NC, CC-BY e TuneTrack.
- Jamendo – música de todos os estilos con licencias para uso comercial (consultar condicións e prezos).
- Epidemic Sound – outra opción para conseguir música con licencias para uso comercial (consultar condicións e prezos).
- WhatFunk – música libre instrumental para usos comerciais, ou non, organizada por estilos, xéneros ou instrumentos.
Imaxes libres
Se precisas imaxes para o directo ou para deseños estas son algunhas das webs máis populares, fíxate se é necesaria atribución ou non para o seu uso en cada caso.
Vídeos libres
Se o que precisas son vídeos para o seu uso nos directos nestas webs atoparás unha ampla selección.