Principios

Obxectivos

O obxectivo primordial das iniciativa Podgalego, Twitch en Galego e calquera futura que poida xurdir é a promoción do galego nos novos formatos multimedia que nos brinda internet (Twitch, podcast, Youtube) e a promoción de todos aqueles contidos e de todas aquelas persoas que crean os seus contidos en galego nestas plataformas.

Partindo disto procuramos a creación de comunidades arredor destos novos contidos, facilitando o intercambio de información e experiencias, axudando á aprendizaxe do funcionamento destes novos medios para que o galego poida estar presente dende o primeiro momento.

Quen pode formar parte?

Poden formar parte desta inciativa todas aquelas persoas e colectivos que empreguen o galego como a súa lingua vehicular (en calquera das normas RAG / AGAL) nestas plataformas. Para isto o galego debe estar presente na descrición, biografía e calquera outros apartados que se usen no medio, e as emisións ou contidos deben estar creados en galego na súa ampla maioría.

Quen non pode formar parte?

Non poden formar parte das iniciativa Podgalego, Twitch en Galego e calquera futura, aquelas persoas ou colectivos que usen outras linguas diferentes ao galego como lingua principal das súas creacións.

Non poden formar parte aqueles colectivos ou organizacións vinculadas a partidos ou organizacións políticas, sindicatos, patronais e similares.

Tampouco poden formar parte da inciativa aquelas persoas ou colectivos que creen ou divulguen contidos que neguen feitos históricos, que incurran en maltrato, vexación ou calquera tipo de humillación de un terceiro, tampouco poderán formar parte aquelas que promovan a misoxinia, racismo e a homofobia ou calquera tipo de maltrato animal así como aqueles que difundan información manifestamente falsa ou que divulguen pseudociencias.

Se a túa canle non está en Twitch en Galego, avisa e engadímola!