Estatísticas

Nesta sección podes atopar estatísticas en tempo real de todo o que acontece en Twitch en Galego. Ten en conta que os datos se obteñen unha vez cada minuto, polo que pode haber algún dato moi específico, como espectadores ou medias, que non coincidan exactamente cos datos reais, e que o sistema automático de recolección empezou a funcionar a mediados de marzo, polo que pode que haxa algún dato anterior que non estea recollido.

Con todo a intención desta sección é ter un debuxo en tempo real do que acontece e de como evoluciona o medio en aberto, dispoñible para todo o mundo. Os gráficos son interactivos, podes pinchar e argallar neles.

Canles activas son aquelas que fixeron polo menor un directo no último mes.

Unha canle pode optar a ser afiliada en Twitch se no último mes tivo 50 seguidores, fixo unha media de 3 espectadores ou máis e emitíu 500 minutos en 7 días distintos.

Como sabedes Twitch non permite etiquetar os noso directos como emitidos en galego, por iso temos que escoller entre as opcións dispoñibles na plataforma.

A iniciativa Twitch en Galego naceu a finais do mes de agosto do 2020, dende aquela a comunidade, composta por canles e espectadores, non deixou de medrar, e para mostra os seguintes gráficos

Gustaríache coñecer algún dato máis? Ponte en contacto con nós en contacto (@) twitchengalego .gal e veremos o que podemos facer.