En Twitch

Na nosa canle de Twitch facemos eventos especiais, emisións puntuais artelladas ou non por nós, nas que poñemos o acento sobre asuntos que nos parecen de especial importancia que despois quedan gardados na canle de Youtube, algúns destos son:

Torneo Grelo – Un xogo galego feito por dous rapaces da terra merecía un torneo á altura. Tras unha semana de intensa competición otorgamos o primeiro record mundial.

A Xogadora Descoñecida – Serías capaz de adiviñar a persoa coa que xogas con só tres pistas? Iso intentamos nesta partida ao pinturillo na que o público tentou adiviñar a identidade da nosa primeira xogadora descoñecida.

Premios Galituiter 2020 – Sabedes que non había nas outras edicións dos premios Galituiter? Exacto! Unha comunidade de Twitch á altura que deixara un rexistro audiovisual das dúas últimas xornadas.

The Waylander en galego – Non son moitos os videoxogos que podemos atopar traducidos ao galego así que a chegada da tradución a unha das grandes producións dos últimos anos feita en Galicia ben merecía a nosa atención.

Día de Rosalía 2021 – Os Centros de Estudos Galegos das Universidades de Bangor, Braga e Barcelona propuxéronnos estas xornadas para falar da esencia Rosaliana no seu día, e non puidemos dicir que non.

8M 2021 – 8 charlas nas que aprendimos e descubrimos infinidade de cousas sobre este mundo que non deixa de sorpredernos negativamente. Deseño, ciencia, artes, videoxogos…, o feminismo é necesario en todos os ámbitos da vida e con estas charlas constantamos esta realidade.

Se tes unha idea para un directo en Twitch e pensas que a nosa canle pode ser o sitio adecuado podes poñerte en contacto con nós a través das nosas redes ou do correo contacto (@) twitchengalego .gal