hoenhaim_

Por aquí un servidor con 33 anos.Levo xogando a os videoxogos desde que collín por primeira vez unha gameboy con 4 anos (anda que non choveu xD) Tamén me gusta manter conversas interesantes e aprender sobre elas.

xMank0

Músico a tempo parcial, paiaso a tempo completo✨ | Membro da comunidade de Twitch en Galego?

Brais Doval

Pois aquí facendo directos reaccionando a cousas, entrevistas, xogando á e así. Isto é Twitch aquí todo o mundo fai o mesmo tampouco veño a innovar.

Inowol

Videoxogos random dende o noroeste da Galiza. Xogo dende que era un anano e apeteciame compartir esta afición nos directos. Sempre é benvida xente nova 🙂

Enxebre Gamer

A túa canle de Fortnite e outros xogos en Galego! Divertidos streams diarios na túa lingua! Creando unha comunidade galega en Twitch!

Armesto3D

Armesto, 27 anos, Lugo (Galiza) Xogando a cousas, modelando en 3D, quen sabe. Ás veces tamén en inglés.