Aviso legal

Neste espazo podes consultar toda a información relativa aos termos e condicións legais que definen as relacións entre as persoas usuarias da web, podcasts asociados e os responsables desta web. Antes de navegar polos contidos na web, é importante que dediques uns intres á súa lectura.

Esta web cumpre coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), e co Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, coñecido como o Regulamento de desenvolvemento da LOPD. Cumpre tamén co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD), así como coa Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedad da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ó LSSI).

Finalidade da web

A finalidade da web é ser un directorio e lugar de encontro das canles de Twitch en galego*. Podes aprender máis sobre o funcionamento da plataforma e a visión do proxecto premendo aquí

* Podcast cuxa lingua vehicular e de expresión principal é o galego.

Condicións xerais de uso

As presentes Condicións Xerais regulan o uso (incluíndo o mero acceso) ás páxinas do sitio web Twitchengalego.gal, incluídos os contidos postos a disposición. Toda persoa que acceda á web acepta someterse ás Condicións Xerais vixentes en cada momento do portal Twitchengalego.gal.

O funcionamento xeral da web e as condicións de participación en Twitchengalego.gal expóñense a continuación:

  1. Na web líganse artigos de canles de Twitch asociadas a Twitchengalego.gal, sempre que exista un consentimento expreso do responsable do contido para a integración do seu medio en Twitchengalego.gal. 
  2. Cando se enlaza un artigo nun dos blogs ou medios asociados a Twitchengalego.gal, este aparece automaticamente, estando en todos os casos suxeitos previamente a revisión polos administradores de Twitchengalego.gal. 
  3. Ao mesmo tempo, o artigo pode ser compartido a través das nosas contas de redes sociais.
  4. Podes solicitar a integración do túa canle de Twitch a Twitchengalego.gal contactando no seguinte correo:  contacto @ twitchengalego . gal ou no noso formulario de contacto.
  5. Cando o usuario abre un enlace, o portal rediríxeo á páxina na que foi publicado orixinalmente.
  6. Twitchengalego.gal reserva o dereito de modificar, rexeitar ou eliminar calquera artigo, medio ou canle.
  7. O consentimento para amosar e difundir contidos en Twitchengalego.gal pode ser revertido polo responsable da canle asociada en calquera momento contactando no seguinte correo: contacto @ twitchengalego . gal

Excepción de responsabilidade de contido enlazado

As páxinas da web Twitchengalego.gal redirixen directamente a sitios que son propiedade de terceiros como:

  • Enlaces a contidos de medios e canles asociadas.

O único obxecto dos enlaces é proporcionar aos usuarios da web a posibilidade de acceder aos enlaces recollidos. Twitchengalego.gal non asume ningunha responsabilidade polo contidos publicados nas webs orixinais enlazadas, nin dos resultados que se lle poidan derivar ao usuario por acceso aos citados enlaces.

O establecemento de hiperenlaces, enlaces, intercambios, non implica en ningún caso unha aprobación ou aceptación por parte do responsable de Twitchengalego.gal do contido orixinal. 

Datos persoais recompilados e tratamento

Ver Política de privacidade.